Sasha

Sasha é unha cachorrona de aproximadamente un ano de idade, moi sociable, mimosa e xoguetona.
Apareceu hai uns meses presuntamente atropelada. Ademais dunha luxación de rótula presentaba unha hernia diafragmática, o que lle provocaba que casi non poidese respirar.
Inmediatamente tivo que someterse a unha complexa e costosa ciruxía, e despois dun largo postoperatorio… xa está lista para irse en adopción!
Sasha é de raza pitbull así que será preciso licenza para a sua adopción.
Adopcions en Galicia.